top of page

WAACKING WONDERLAND

Waacking Wonderland 2019

Waacking Wonderland 2019

WAACKING WONDERLAND

O Waacking Wonderland é un evento de danza urbana que nace no 2019 co obxectivo de promover a cultura urbana en Galicia e específicamente na Coruña. O formato do evento son batallas de danza urbana 2 versus 2 onde cada parella está formada por un "waacker", é dicir un bailarín/a que o seu estilo é o waacking, e otra bailarin/a de all styles (locking, popping, hip-hop, house...).  Aparte das batallas tamén faise unha jam onde a comunidade poida compartir e coñecerse.


O obxectivo a largo prazo é poder facer unha edición anual contando con apoio e financiamento para xerar un evento de interés nacional e internacional que promova a danza e a cultura urbana en Galicia. No 2020 debido á crisis sanitaria vémonos obrigadas a pospoñer a segunda edición, pero esperamos poder retomala no 2021 agrandando o seu formato.

WAACKING WONDERLAND 2019

 

Na súa primeira edición o Waacking Wonderland contou con dous xuíces nacionais, Dii Feeling e Bboy Niko, e unha xueza internacional dende Italia; Rada Waackengers. Tamén contamos coa participación de Albaluzia, bailarina recoñecida na escea da danza urbana, como host e con Anxo Flava como DJ. O evento estivo vinculado a unha semana de workshops intensivos con Rada Waackengers, promovendo así tanto a formación de bailarinxs como a súa participación en eventos culturais.

bottom of page